Apoia a candidatura

Cláusula de exención de responsabilidade
O Concello de Ferrol non se fai responsable de calquera información que estea fóra desta web e non xestionada directamente polo noso webmaster.

A función das ligazóns que aparecen nesta páxina é exclusivamente a de informar as persoas usuarias sobre a existencia doutras fontes de información sobre a materia en Internet.

Estas ligazóns non supoñen unha suxestión, convite ou recomendación para a visita dos lugares de destino, e por iso, o Concello de Ferrol non será responsable do resultado obtido a través de ditos enlaces hipertextuais. Baixo ningunha circunstancia o Concello de Ferrol será responsable ante terceiros por calquera dano directo ou indirecto, resultado do uso destas ligazóns.

O Concello de Ferrol adoptou os niveis de protección de datos persoais legalmente esixibles, de acordo coa lexislación vixente relativa á protección de datos persoais, especificamente coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Protección de datos persoais
O Concello de Ferrol adopta os niveles de protección de datos persoais establecidos pola Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

O Concello de Ferrol recolle exclusivamente a información persoal necesaria para a adhesión á candidatura de Ferrol como Patrimonio Mundial.

O Concello de Ferrol unicamente revelará a información a terceiras persoas para o cumprimento da súa finalidade.

O Concello de Ferrol soamente garda os datos o tempo necesario para cumprir coa finalidade da súa recollida e procesamento. Unha vez acadado o obxectivo descrito, gárdanse unicamente os datos necesarios para o tratamento da información con fins estatísticos, históricos ou científicos.

Dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición
As persoas usuarias poden exercer o dereito de acceso, cancelación, rectificación e oposición, así como seren informadas das cesións realizadas contactando co Concello de Ferrol a través do correo electrónico informacion@ferrol.es ou por escrito no enderezo: Concello de Ferrol. Praza de Armas, s/n, 15402 de Ferrol.

Condicións de uso
Este sitio web e todos os seus contidos, incluíndo os textos, imaxes, son e calquera outro material, son propiedade do Concello de Ferrol, dalgún organismo vencellado a esta administración local ou a terceiras persoas que autorizasen o uso destes contidos ao Concello de Ferrol.

Os contidos desta web poden ser reproducidos sempre que se mencione a fonte, excepto nos casos nos que se indique o contrario.

Cando sexa necesaria unha autorización previa para a reprodución ou o uso de datos textuais ou doutro tipo (imaxes, sons, etc.) esta autorización cancelará a autorización xeral antes mencionada e establecerá as posibles restricións de uso.

Unicamente está autorizado o uso persoal non comercial. Non está permitida a modificación desta páxina web nin dos seus contidos.

A información obtida a través desta web ten carácter meramente informativo, sen que se poida derivar, en ningún caso, efecto xurídico vinculante.

En calquera caso, a información e os contidos desta web non poden ser alegados en procesos contraditorios coa Administración pública e o Concello de Ferrol non asume ningunha responsabilidade polas discrepancias que se poidan producir entre os documentos impresos da administración competente e a publicación electrónica nestas páxinas.

O Concello de Ferrol non é responsable da información que se pode obter a través de ligazóns a sistemas externos que non sexan dependentes desta administración.

O Concello de Ferrol non garante que a web e o servidor estean libres de virus e non se fai responsable dos danos causados polo acceso á web ou pola imposibilidade de acceso á mesma.