O 19 de maio de 2022 levouse a cabo no Teatro Jofre a segunda edición do congreso “Ferrol. Destino Patrimonio Mundial”, organizado polo Concello de Ferrol co apoio da Deputación da Coruña, que contou coa participación de profesionais da arquitectura, universidade, Deputación, Xunta e Ministerio de Cultura y Deporte, que analizaron as principais novidades e características da candidatura “Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración”.
Podes ver a gravación completa do congreso no seguinte vídeo:
O 22 de abril de 2021 levouse a cabo no Teatro Jofre o congreso “Ferrol. Destino Patrimonio Mundial”, inserido dentro das actividades do MMIAH (Patrimonio Marítimo, Militar e Industrial da Costa Atlántica), que contou coa participación de profesionais do mundo universitario, membros do COAG, ICOMOS e OCPM, que debullaron as principais características do expediente “Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración”.
Podes ver a gravación completa do congreso no seguinte video