O que se coñece como Lista Indicativa ou Tentative List é un inventario dos bens que cada Estado Parte da Convención considera aptos para entrar na Lista de Patrimonio Mundial. Para recibir esta distinción os Estados Parte deben presentar as súas candidaturas diante do grupo de traballo patrimonial creado en 2010 polo Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura e é, a dita entidade, quen traslada aquelas candidaturas con informe favorable ao Centro de Patrimonio Mundial encargado de avalialas.
Na actualidade, a Lista Indicativa española conta unha trintena de lugares e monumentos aspirantes a convertérense en Patrimonio Mundial, entre elas, a candidatura “Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración”.