Patrimonio Mundial

Os bens, naturais e culturais, polo seu valor excepcional deben ser protexidos a nivel internacional e así o entende a UNESCO a través do concepto de Patrimonio Mundial, o programa mediante o cal se trata de catalogar, preservar e dar a coñecer aqueles monumentos e lugares cunha extraordinaria importancia na identidade e na historia dos pobos que se debe transmitir ás xeracións futuras.

A Listaxe de Patrimonio Mundial compoñíana, en decembro de 2021, 1.154 sitios, dos que 897 son bens de excepcional valor cultural, 218 de importancia natural e 39 son de carácter mixto (valor cultural e valor natural).