Arsenal Civil

Constituído polo subconxunto das instalacións marítimas creadas para dar apoio loxístico ao Arsenal Militar, foi deseñado por Juan A. Cardemil en 1810 e conta con 5 elementos fundamentais: o antigo varadoiro / estaleiro de construción de buques; os almacéns, para o aprovisionamento de armas; e os talleres, dique de carenar e os peiraos de atraque, para o mantemento dos buques.

Varadoiro/ Estaleiro

Almacéns

Dique seco de Carenar

Talleres

Peiraos de atraque

Varadoiro / Estaleiro

Varadoiro / Estaleiro

Este elemento vencellado á construción de buques, consiste nunha obra elemental conformada por un plano inclinado delimitado por dous muros laterais. Estímase que data dos primeiros anos do século XIX.

Almacéns

Vinculados co aprovisionamento dos buques, estas construcións atópanse en estado de ruína e están situadas na zona oeste do Arsenal, onde empregan como apoio os muros que sosteñen as súas terrazas.

Dique seco de Carenar

Copia dos diques realizados no Arsenal Militar no século XVIII, ten capacidade para facer varadas de buques desde os 35 metros de eslora, ata o rango das fragatas. É un dique de carenar de mareas, con portas de peche curvas e estrutura en forma de liña de auga de buque no plano.

Talleres

Seguían a concepción construtiva dos Almacéns que estaban situados na zona oeste do Arsenal e, ao igual que estes últimos, descoñécense os autores e a data exacta da súa construción.

Peiraos de atraque

Nesta obra portuaria non foi preciso, na orixe, un dique de abrigo e xa non conserva as obras vencelladas coa manobra. Mantéñense dous muros de atraque aos lados da entrada ao dique que dan lugar a dous sinxelos peiraos de pequenas dimensións e tecnoloxía básica.