FERROL
Patrimonio Mundial

FERROL
Patrimonio Mundial

FERROL
Patrimonio Mundial

FERROL
Patrimonio Mundial

FERROL
Patrimonio Mundial

“A Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración”

"Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración" abrangue unha área que toca os concellos de Ferrol, Fene, Narón, Neda, Mugardos e Ares e que á vez divide as súas compoñentes en 5 subáreas unitarias: Cidade-Praza, Porto Natural, Arsenal Militar, Arsenal Civil e Defensas Costeiras. As 5 compoñentes que integran a candidatura conservan altos graos de integridade e autenticidade grazas a que se mantiveron en uso desde a súa construción e a que non padeceron períodos de destrución, características que as singularizan fronte a outros complexos navais-militares.

A estrutura do centro de Ferrol segue a antiga noción de praza da Ilustración en canto aos conceptos de urbanismo, defensas e edificios de control dunha urbe militar. O barrio da Magdalena é o núcleo desta Cidade-Praza desde a súa creación en 1750, configúrase en base a unha retícula ortogonal composta por 44 mazás rectangulares, que no século XX se ampliaron até 54 respectando o trazado de ordenamento militar propio da Idade Moderna.

Máis información

A de Ferrol é unha ría ampla, de gran profundidade pero con boca estreita, polo que se coñece como un tipo de “ría de botella”. Esta condición xeográfica foi decisiva para que en 1726 Ferrol fose designada Capital do Departamento Marítimo do Norte por Felipe II, e comezase toda a gran reforma da cidade. A paisaxe natural veuse modificada nos últimos anos, pero o valor medioambiental da contorna é de gran relevancia patrimonial. A costa exterior está cualificada como LIC da Costa Ártabra, foi declarada ZEC en 2004 e pertence á ZEPA da Costa de Ferrolterra-Valdoviño.

Máis información

Constituído polo subconxunto das instalacións marítimas creadas para dar apoio loxístico ao Arsenal Militar, foi deseñado por Juan A. Cardemil en 1810 e conta con 5 elementos fundamentais: o antigo varadoiro / estaleiro de construción de buques; os almacéns, para o aprovisionamento de armas; e os talleres, dique de carenar e os peiraos de atraque, para o mantemento dos buques.

Máis información

O Arsenal Militar de Ferrol compóñeno as instalacións marítimas, defensas e control do porto militar destinadas, polo tanto, ao aprovisionamento (armamento), ao mantemento e á construción (estaleiros) dos buques. Neste último caso debemos mencionar a Porta do Estaleiro, que conserva a fachada antiga, e as Ferrerías, rehabilitadas en 2007 para acolleren o Museo da Construción Naval. Tamén cómpre mencionar as instalacións vencelladas á fortificación da cidade, como as murallas, ou as instalacións que daban servizo ao propio Arsenal.

Máis información

As construcións das Defensas Costeiras distribúense en base a 3 tipos  de obras, correspondentes á boca da ría, aos exteriores e ás obras complementarias. Cómpre destacar especialmente os castelos que protexían a entrada por mar a Ferrol na boca da ría: San Felipe, Nosa Señora da Palma e San Martiño. Xunto a eles, a protección da cidade complementábase con construcións como as baterías (conxuntos de pezas de artillería) e os faros de Prioriño Chico e da Palma, concibidos como obras estratéxicas.

Máis información

CIDADE PRAZA

A estrutura do centro de Ferrol segue a antiga noción de praza da Ilustración en canto aos conceptos de urbanismo, defensas e edificios de control dunha urbe militar. O barrio da Magdalena é o núcleo desta Cidade-Praza desde a súa creación en 1750, configúrase en base a unha retícula ortogonal composta por 44 mazás rectangulares, que no século XX se ampliaron até 54 respectando o trazado de ordenamento militar propio da Idade Moderna.

PORTO NATURAL

A de Ferrol é unha ría ampla, de gran profundidade pero con boca estreita, polo que se coñece como un tipo de “ría de botella”. Esta condición xeográfica foi decisiva para que en 1726 Ferrol fose designada Capital do Departamento Marítimo do Norte por Felipe II, e comezase toda a gran reforma da cidade. A paisaxe natural veuse modificada nos últimos anos, pero o valor medioambiental da contorna é de gran relevancia patrimonial. A costa exterior está cualificada como LIC da Costa Ártabra, foi declarada ZEC en 2004 e pertence á ZEPA da Costa de Ferrolterra-Valdoviño.

ARSENAL CIVIL

Constituído polo subconxunto das instalacións marítimas creadas para dar apoio loxístico ao Arsenal Militar, foi deseñado por Juan A. Cardemil en 1810 e conta con 5 elementos fundamentais: o antigo varadoiro / estaleiro de construción de buques; os almacéns, para o aprovisionamento de armas; e os talleres, dique de carenar e os peiraos de atraque, para o mantemento dos buques.

ARSENAL MILITAR

O Arsenal Militar de Ferrol compóñeno as instalacións marítimas, defensas e control do porto militar destinadas, polo tanto, ao aprovisionamento (armamento), ao mantemento e á construción (estaleiros) dos buques. Neste último caso debemos mencionar a Porta do Estaleiro, que conserva a fachada antiga, e as Ferrerías, rehabilitadas en 2007 para acolleren o Museo da Construción Naval. Tamén cómpre mencionar as instalacións vencelladas á fortificación da cidade, como as murallas, ou as instalacións que daban servizo ao propio Arsenal.

Castelo de San Felipe

DEFENSAS COSTEIRAS